miércoles, 19 de mayo de 2010

POBOACIÓN ESPAÑA

España tiña no ano 2009 algo máis de 46.700.000 habitantes e unha densidade de poboación de 92 h/km2. Esta densidade era algo máis baixa que a media da UE.
Se observamos o mapa da esquerda podemos ver claros contrastes. Antes de nada indicar que a cor amarela indica aquelas provincias que teñen unha densidade por debaixo de 50 h/km2. A cor laranxa indica entre 50 e 100. O vermello entre

martes, 18 de mayo de 2010

O galego mantén o pulso na rúa contra a Xunta


Máis de 50.000 persoas ateigan o Obradoiro para “defender a lingua ante Feijóo” e piden a dimisión dos responsables da política lingüística do Goberno do PP


RODRI SUÁREZ O Xornal 18/05/2010

Exame aprobado con nota. Malia a dificultade que supoñía igualar ou superar o músculo amosado en anteriores convocatorias, os defensores da lingua propia volveron facer historia. Máis de 50.000 persoas –100.000 segundo os convocantes mentres que a policía local non ofreceu datos– acudiron onte en Compostela á chamada da plataforma Queremos Galego para protestar pola política lingüística da Xunta que preside Alberto Núñéz Feijóo. Unha nova marea humana ateigou a praza do Obradoiro co gallo do Día das Letras Galegas, adicado nesta ocasión a Uxío Novoneyra, cuxo espírito e palabras tamén estiveron presentes nunha cita que volve deixar no tellado do Goberno autonómico a pelota do “retorno ao consenso arredor da protección do galego”.

A de onte foi a cuarta manifestación multitudinaria que tivo que aturar a Xunta do PP en menos dun ano. E nin sequera cunha ponte festiva polo medio reduciuse o poder de convocatoria, o que deixa claro a existencia dun conflito de fondo calado entre amplos sectores da sociedade. O volume e insistencia deste movemento está a alcanzar niveis históricos. A lingua é material sensible e tamén transversal. Por iso a marcha volveu ser plural no perfil dos seus participantes e tamén das organizacións que a apoiaron.

Certo é que a manifestación seguiu o guión xa establecido en anteriores citas. Diversidade, nutrida presenza xuvenil e ambiente combativo mais tamén festeiro. Catro citas case idénticas a unha cada catro meses podían dar pé a certo desánimo, porén, semella que aínda falta moito para iso, se é que chega. Este feito converte á loita contra o decreto da lingua nunha carreira de fondo na que Queremos Galego e achegados están a amosar unha forma excelente, seguramente moi superior á que calculaba o seu adversario. Contan para elo cun importante adestramento sentimental. “O galego, o noso existir”, foi o lema elixido para a masiva convocatoria, que tivo un ollo posto no Courel e en Novoneyra, protagonista deste 17 de maio. A familia do poeta, que a esas horas acudía ao acto oficial da Real Academia, enviou un texto co que se sumaba á reivindicación do Obradoiro. “Nós e el (en referencia ao desaparecido escritor) estamos aí, convosco”, dicía a carta, que tamén incluía o discurso pronunciado por Novoneyra en Compostela en 1987, que foi lido polo portavoz da plataforma convocante, Carlos Callón, que o presentou como “de plena actualidade”: “Se non somos capaces de defender a nosa identidade, que problema común poderemos afrontar que non seña o de aceptar a imposición que nos veña de fóra? A imposición que non pensa en nós como pobo, senón como territorio”. Ese foi un dos momentos máis emocionantes do evento, que tivo lugar xusto cando xa milleiros de cidadáns enchían a praza mentres o final da manifestación aínda saía da Alameda compostelá.

martes, 11 de mayo de 2010