martes, 2 de noviembre de 2010

A POBOACIÓN DE GALICIA


Este mapa temático de coropletas representa a densidade de poboación de Galicia en 2008. Aínda que Galiza posúe unha densidade de poboación (94 hab./km2) superior á media española (91 hab./km2).

De todas formas no mapa observamos claros contrastes entre as provincias orientais e as provincias occidentais. As primeiras están un pouco poboadas e as segundas, pola contra, están moi poboadas, aínda que tamén existen matices dentro dela.

A maior parte dos concellos cunha densidade de poboación menor de 25 habitantes por km2 (dato que se considera de poboacion moi baixa) pertencen ás provincias de lugo e ourense. Son concellos localizados en zonas montañosas e en zonas onde predomina a actividade agraria en decadencia. Moitos dos seus habitantes emigron a zonas mais desenvolvidas e teñen un crecemento natural negativo porque a poboación que pertenece está moi envellecida.

Entre 25 e 100 habitantes por km2 figuran case todo o resto dos concellos das duas provincias e moitos concellos interiores das provincias da coruña e pontevedra, ademais da maioria dos concellos da comarca costeira coruñesa de bergantiños. Estes ultimos, malia estaren localizados na zona costeiras, non alcanzan os niveis de desenvolvemento do resto do litoral por estaren lixeiramente afastados do eixe atlantico que vai de ferrol a vigo pasando por santiago.

Entre 100 e 1000 habitantes por km2 situase contados concellos de Lugo e ourense (7 e 3, respectivamente)